SALÓN DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: PREVISEL 2014

A Asociación de Empresarios participaba no mes de abril, no Salón adicado á prevención de riscos laborais: PREVISEL.

Este ano, a asociación contou cun stard informativo das actividades realizadas polo Gabinete de Prevención de Riscos Laborais, entre o que se inclúe o Espazo Seguro, recentemente inaugurado e o Servizo de Primeira Intervención.

A feira prolongouse durante os días 9 e 10 de abril, onde os bombeiros do polígono San Cibrao realizaron unha demostración dunha excarlación de feridos nun accidente de tráfico para todos os asistentes.

 

INAUGURACIÓN DO ESPAZO SEGURO

O Director Xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, inaugurou o proxecto “Espazo Seguro”, o pasado luns, 31 de abril, nas instalacións da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao.

Durante o acto, personalidades do mundo empresarial, político e preventivo, puideron coñecer de primeira mán o “Espazo Seguro”, como “unha aula permanente de medios de protección colectiva e individual, materiais de seguridade e recursos didácticos, coa finalidade clara de mellorar o seu coñecemento entre os empresarios e os traballadores, así como de dotar as empresas dun espazo práctico para a formación do seu persoal”.

Momentos nos que o responsable da comisión de prevención de riscos laborais da Asociación, José Manuel González Tizón, explicaba ante os presentes os escenarios recreados no Espazo Seguro.