Entrevista Begoña Gómez Durán – Responsable de PRL en Componentes Aeronáuticos Coasa

Begoña Gómez é a responsable de velar pola seguridade laboral na empresa Coasa, emprazada no Polígono de San Cibrao dende 2001.

Pensar que o traballo que desenvolve é útil para previr accidentes é o máis gratificante para Begoña. Sen embargo, ter que investigar cando se produce algún é o que menos lle gusta dun traballo que leva a cabo, precisamente, para evitar que isto ocorra.

 

Como se foi desenvolvendo e aplicando a Lei de Prevención de Regos Laborais na súa empresa? ¿Qué persoas levan a cabo este labor e de qué forma divulgan a información?

Dende os comezos de Coasa xa existía unha cultura preventiva promovida dende o núcleo do Grupo e apoiada polo Servizo de Prevención Alleo, o cal asumía as tres especialidades e mais vixilancia da saúde.

En 2008, Coasa entrou a formar parte do SPMAN de Aernnova, contando con un Coordinador de Prevención de Grupo e un Técnico de Prevención de Sociedade.

Está constituído o CSS que se reúne bimestralmente

Os cauces de comunicación da información son moi amplos, abarcan dende a información dispoñible para a súa consulta en tódolos postos de traballo (fichas de riscos, de EPI´s, fichas de seguridade dos produtos manipulados, política, etc.) ata a información facilitada nos Comités (informes de accidentalidade, indicadores de PRL, etc.)

 

Cáles son os riscos máis habituais na súa empresa e que medidas concretas levan a cabo para previlos?

Os principais riscos en Coasa son os sobreesforzos, as posturas forzadas e a manipulación de produtos químicos. As principais medidas para previlos son:

-Disposición de planos de traballo regulables en altura e uso de medios mecánicos de manutención de cargas, carretillas, traspaletas, push-pusher, ponte grúa, etc.

-Substitución de produtos químicos perigosos por outros que entrañen menos ou ningún perigo. Uso dos Equipos de Protección axeitados (Protección colectiva e individual)

 

Que dificultades se atopan a día de hoxe para aplicar a Lei de Prevención de Riscos Laborais?

Na miña opinión, penso que aínda falta camiño por percorrer ata que integremos a PRL en tódolos procesos de maneira espontánea (dende a administración, pasando polas empresas e ata os traballadores). Estamos preocupados por dar cumprimento ós requisitos legais e, aínda que se nota unha evolución con respecto a anos anteriores, a cultura preventiva (facer prevención porque así se traballa máis e mellor) non evoluciona ó mesmo ritmo

 

Que tipo de formación en materia preventiva recibiron os traballadores de Coasa nestes últimos anos?

Tódolos traballadores, previa incorporación ó seu posto de traballo reciben unha formación inicial en materia de S.S. enfocada ós Riscos e Medidas Preventivas asociadas ó seu posto. Téñense tamén en conta os cambios de posto e as incorporacións a través de ETT

 

Que proxectos teñen a medio e longo prazo para seguir traballando e avanzando na prevención de riscos laborais?

O proxecto principal é a redución/eliminación das lesións musculoesqueléticas mediante a aplicación de estándares de ergonomía. A día de hoxe xa se traballa na mellora dos planos de traballo, nos descansos posturais e nas rotacións.

Un dos obxectivos que persegue a empresa é certificarse en OHSAS 18001 (que nos permitiría ser máis competitivos dándolle un posto privilexiado á PRL)

 

Como avaliaría as medidas levadas a cabo pola Asociación de Empresarios en materia de prevención?

Positivamente, xa que dende a Asociación promóvense cursos enfocados ós traballadores e mais ós técnicos de PRL. Non obstante hai que seguir traballando e participando activamente nas empresas (mediante visitas, formacións in situ, etc.)