UN SERVIZO DE PREVENCIÓN ALLEO Á MEDIDA DA TÚA EMPRESA

UN SERVIZO DE PREVENCIÓN ALLEO Á MEDIDA DA TÚA EMPRESA

 

  • Cinco claves de ouro para que tomes a decisión máis apropiada

 

O modelo organizativo máis empregado polas empresas para levar a cabo a Prevención de Riscos Laborais en España é a contratación dun Servizo de Prevención Alleo e dada a ampla oferta existente, é importante dispor duns criterios que fagan máis sinxelo a elección deste servizo por parte do empresario.

 

Ante a oferta tan grande de servizos de prevención alleos, e moitas veces a falla de coñecementos sobre as funcións que deben desenvolver estes e a forma en que a organización da prevención se ten que levar a cabo, presentámosche neste artigo cinco puntos sinxelos para que teñas en conta á hora de contratar un servizo de Prevención Alleo:

 

 

  1. Un servizo de prevención alleo debe estar acreditado nas catro disciplinas preventivas.

 

 

O primeiro que deberás ter en conta para elixir o servizo de prevención alleo,  é que ten que haber polo menos un técnico de nivel superior por cada unha das especialidades ou disciplinas preventivas que son: Medicina no Traballo, Seguridade no Traballo,  Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada, ademais cada técnico debe coordinarse cos outros nas función relativas ao deseño preventivo por posto de traballo, identificación e avaliación de riscos, planes de prevención e os plans de formación para os traballadores.

 

 

  1. Que teña rapidez de resposta

 

 

Este é outro punto importante que debes considerar para seleccionar un servizo de prevención alleo á túa empresa. Independentemente do número de traballadores que teña a túa empresa, ou a facturación que fagas ao final do ano, a súa resposta ante calquera situación que lles formulemos debe ser rápida e eficaz.

 

 

  1. Tes que saber de que se vai ocupar en concreto o servizo que contrates

 

 

É importante que coñezas as actividades e documentos que che vai xestionar o servizo de prevención alleo, e de cales se terá que facer cargo a túa empresa. Xa que o SPA non se vai ocupar de todo, e por iso debemos saber ata onde e en campos estamos cubertos.

 

 

  1. Canto che vai custar

 

 

Aínda que soe a tópico, o prezo do servizo é importante coñecelo, xa que o estar integrado por técnicos, teñen un salario de cotización elevado, agás que estean en convenios colectivos de baixo custe.

 

Os prezos moi baixos son sinónimo, ou ben de pouca dedicación por parte dos técnicos ou ben dun servizo moi limitado.

 

 

  1. Concerta a actividade preventiva detalladamente.

 

 

Obrigatoriedade de figurar no concerto as actuacións que se van desenvolver, os medios que se destinarán para levalas a cabo e o plan de prevención das actividades contratadas.

 

Sexa cal sexa o tamaño da empresa, concertar a actividade preventiva cun servizo de prevención alleo, debería de contemplar a designación dunha persoa mínimo por parte do empresario para levar a cabo o dito plan desenvolvido polo SPA e integrar o SPA na empresa.

 

Atendendo a estas recomendacións, de seguro que a elección que fagas do servizo será máis sinxela e acertada.

Salud laboral. Conceptos y técnicas para la prevención de riesgos laborales. 3ª ed.

Ref. LB-74

Autores: Benavides, F.G., Ruiz Frutos, C., García, A.M., Delclós J.

Edición: 2007 : Páxinas: 483

 

Os obxectivos fundamentais do estudo e da práctica da saúde laboral son tres: conservación do benestar físico, social e mental en relación coas condicións de traballo; control destas condicións, co fin de garantir unha seguridade total no traballo, e compatibilidade do ambiente laboral coas capacidades de cada traballador. Este libro, que se presenta na súa 3ª edición, intenta conter esta complexa mensaxe.

 

 

La prevención del ruído en la empresa

Ref. LB-64

Páxs.: 285

Autor: Pedro Mateo Floría

 

Este libro pretende axudar a todas aquelas persoas que dentro da empresa teñen responsabilidades en materia de prevención de riscos laborais, como son as xefaturas de produción, persoal, compras, mantemento, deseño, técnicos de prevención, delegados de prevención, etc. Nas súas páxinas abórdanse temas tan interesantes como a medición do ruído e os instrumentos a utilizar, a avaliación dos efectos do ruído para a saúde dos traballadores, as medidas técnicas e organizativas para o control do ruído, os equipos de protección individual e o control da función auditiva.