VANTAXES DE OHSAS 18001 PARA AS EMPRESAS.

IMPLATACIÓN DAS OHSAS 18001

OHSAS 18001 é unha ferramenta que axuda ás empresas a identificar, priorizar e xestionar a saúde e os riscos laborais como parte das súas prácticas normais de negocio.

A norma permite á empresa concentrarse nos asuntos máis importantes do seu negocio. OHSAS 18001 require que as empresas se comprometan a eliminar ou minimizar riscos para os empregados e a outras partes interesadas que puidesen estar expostas a perigos asociados coas súas actividades, así como a mellorar de forma continuada como parte do ciclo de xestión normal.

A especificación OHSAS (Occupational Health and Safety Assessment Series) naceu para dar resposta ás diferentes iniciativas que estaban a xurdir no mercado e que requirían un documento de recoñecido prestixio mundial que permitise ás organizacións deseñar, avaliar e certificar os seus sistemas de xestión da seguridade e saúde no traballo.

A norma baséase no coñecido ciclo de sistemas de xestión de planificar-desenvolver-comprobar-actuar (PDCA) e utiliza unha linguaxe e unha terminoloxía familiar propia dos sistemas de xestión. O sistema de prevención faise compatible cos creados pola Norma ISO 9001 e a ISO 14001 para a xestión da calidade e a xestión do medio.

A norma OHSAS 18001 é de carácter voluntario, non obstante, presenta a vantaxe de asegurar o cumprimento obrigatorio da lexislación en materia de prevención, ademais doutras vantaxes competitivas. A norma cobre as seguintes áreas básicas: identificación de ameazas avaliación de riscos e establecemento de controis, requisitos legais, recursos-cargos-responsabilidade-deber-autoridade, comunicación participación e consultoría, preparación e resposta ante emerxencias, medición da actuación, seguimento e mellora.

Entre as vantaxes da implantación de OHSAS 18001 por parte das empresas atopa unha mellora continua dos niveis xerárquicos e organizativos, potencia a motivación dos traballadores, diminúe os incidentes e accidentes laborais e moi importante, permite cumprir e demostrar que se cumpre coa legalidade, ademais poténciase a imaxe da empresa de cara aos clientes, demostrando por parte desta un compromiso coa Seguridade e Saúde dos traballadores.

Nos últimos dous anos, a demanda e certificación de acordo con OHSAS 18001 experimentou un notable crecemento. A OHSAS 18001:2007 non é a medicina que curará todos os problemas de Seguridade e Saúde nunha empresa pero se proporcionará un mellor ámbito laboral e unha mellora continua a través dun sistema de xestión completo.

MANUAL DE PROCEDEMENTOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Este manual pretende, precisamente, poñer disposición do mundo laboral, a xeito de guía, un conxunto amplo de procedementos preventivos, acompañados de criterios e pautas de actuación de cara a facilitar o seu deseño, adecuándoos aos intereses e necesidades de cada organización.Non se trata de que todos os procedementos contidos neste texto haxan de implantarse necesariamente.

En primeiro lugar hai que destacar que só son esixibles documentalmente aqueles que a regulamentación referencia dun xeito concreta. A súa conveniencia virá determinada polo tipo de actividade empresarial, os seus riscos, o tamaño da empresa e tamén pola súa cultura empresarial.

As pequenas empresas requiren un limitado número de procedementos documentais, tales como os que se apuntaban no libro Gestión de la prevención de riesgos laborales en las pequeñas y medianas empresas, editado no ano 2002 polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. En cambio, as empresas de maior tamaño, por razóns, fundamentalmente, de organización e comunicación, requiren un maior número de procedementos documentais. En todo caso, é importante non caer nunha burocratización do sistema. Non hai que esquecer que os procedementos son só unha ferramenta de traballo útil pero non suficiente.

A prevención de riscos laborais para ser efectiva ha de basearse no compromiso da dirección e na confianza de todos os membros da organización, a tomar conciencia e comprobar que cumprindo coa legalidade, tamén se están a reducir custos considerables e se está a xerar eficiencia e valor na actividade empresarial.

Celso Rodríguez Movilla – Responsable de mantemento, prevención de riscos laborais e Medioambiente en T-solar.

Cales son os principais riscos laborais dunha actividade como a que desenvolve T-Solar? 
O principal risco é o corte con cristal puro, sobre todo debido ao gran tamaño do cristal que o fai máis difícil de manexar.

Como leva a cabo a xestión da prevención nunha fábrica con este nº de traballadores e esta actividade? Que iniciativas ou campañas hai implantadas e como funcionan en liñas xerais?
T-solar na súa política de sistema integrado ten como principal obxectivo a integración da seguridade e saúde laboral.
A xestión da prevención leva a cabo mediante un equipo interno de técnicos en prevención de riscos laborais e un (SPA) Servizo de prevención alleo.
Con todo isto non sería efectivo sen a involucración de todos os traballadores no obxectivo común que é a prevención de riscos laborais.
Para conseguir a involucración dos empregados T-solar deseñou:
Un plan de concienciación do empregado desde o momento da súa contratación, mediante a transmisión dos valores e cultura de T-solar
que ten a prevención de riscos laborais como obxectivo fundamental no desenvolvemento do seu traballo. Este proceso de concienciación involucra a todos os traballadores desde a dirección xeral ata calquera posto na empresa.
T-solar deseñou un plan de prevención que cumpre co esixido pola lexislación vixente en aspectos talles como a formación.
T-solar dá unha especial importancia aos aspectos formativos; todos os traballadores ademais da formación reflectida na Lei 31/1995 reciben formación adicional específica para o seu posto de traballo, aproximadamente 16 horas anuais de formación que son impartidas en horario laboral. Neste último trimestre podiamos destacar a formación In-itinere ou primeiros Auxilios.
A empresa dispón dunha avaliación exhaustiva, que se foi desenvolvendo e actualizando periodicamente como consecuencia das necesidades da empresa. Dentro desta avaliación podemos destacar as medicións hixiénicas en materia de iluminación, ruído e axentes químicos.
A empresa dispón dun Plan de Autoprotección moi completo no cal colaboran a maior parte dos traballadores distribuídos en equipos (Equipo de intervención, Equipos de Evacuación e Equipos de primeiros Auxilios); todos os traballadores que constan neste plan como compoñentes dun equipo están formados na materia correspondente para a correcta execución das súas funcións.

Como responsable de prevención, cre que os traballadores interiorizan sen maior problema as indicacións respecto diso ou llas toman como obrigacións insalvables? Poderíase dicir que existe xa unha cultura preventiva implantada na empresa?
A maioría dos traballadores interiorizan sen maior problema as indicacións en materia de seguridade, posto que o esforzo en implantar unha cultura da prevención fíxose desde o comezo da actividade empresarial e isto facilitou a concienciación de todos os empregados.
Logo de case dous anos poderiamos dicir que o grao de implicación alcanzou unha madurez suficiente como para dicir que existe unha cultura preventiva.

Cales son, ao seu modo de ver, as medidas máis acertadas que a administración levou a cabo para concienciar sobre a importancia da prevención nas empresas? (creación do Issga, Plan Estratéxico 2006-2010…)
Unha medida que cremos importante para a concienciación da prevención de riscos laborais ,é a formación desde a escola e que vemos de bo grado que desde o ISSGA haxa iniciativas que levan a prevención de riscos a todos os ámbitos da vida tanto laboral como persoal.

Como empresa integrante dun polígono da magnitude do de San Cibrao, cre que as actividades realizadas en materia de prevención pola Asociación de empresarios desta zona industrial son apropiadas e cobren as necesidades das empresas en canto a formación e información? (Boletín Infopolígono, cursos monográficos, plan de urxencias, simulacros?)
No noso caso facemos uso de todas as iniciativas que teñen a Asociación de Empresarios, por exemplo a oferta formativa, que a incluímos no noso plan de formación interno .Este ano participaron na de primeiros Auxilios e prevención de incendios, que foi avaliada polos nosos operarios, como moi útil.

Bota en falta algunha acción que complemente as que a Asociación levou a cabo nos últimos anos? 
Cremos que sería necesario seguir traballando na concienciación en materia de prevención desde a dirección das empresas, que é o primeiro punto de transmisión da cultura de prevención.