A SEMANA DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

O pasado 22 de outubro daba comezo nas instalacións da Asociación de Empresarios, a celebración da Semana da Prevención de Riscos Laborais.

Ó longo desta semana fóronse poñendo de manifesto distintas variables da loita contra a siniestralidade e mesmo dende a Asociación se amosaron novas iniciativas para mellorar a capacidade, algunhas incorporando a tecnoloxía de vangarda; outras irán destinadas a profundizar no coñecemento do funcionamento interno das empresas en materia de riscos laborais e os sistemas para facerlles frente, co obxectivo de buscar as mellores solucións. É un eido no que perseveraremos sen concesións, pois como ben reza o eslogan desa campaña, trátase de conseguir non só cero accidentes, senon chegar ata os cero incidentes.

 

DÍA 5. Clausura dos actos da Semana da Prevención de Riscos Laborais

Ás 16:00 horas daba comezo un seminario con unha hora de duración sobre os riscos psicosociais, os asistentes coñeceron o xeito de previr estes riscos e a súa valoración nos plans de emerxencias.

Unha hora máis tarde, comezaba no salón de actos, unha mesa redonda sobre o absentismo laboral, composta por:

 

Moderador: Lalo Pavón.

Representante Empresarios: José Manuel González Tizón.

 

Mutua Universal: Pablo Espinosa Medina.

 

Inspección Médica: Julio César Pérez Vázquez.

 

Representante Sindicatos: Anxo Pérez Carballo.

 

Os asistentes puideron coñecer a experiencia no campo do absentismo, dende catro diferentes puntos de vista, onde cada membro da mesa, puido defender a súa opinión.

 

Ao acto acudiron diferentes personalidades do mundo empresarial, administración pública e das emerxencias.

Unha vez finalizada a mesa redonda, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Don Rogelio Martinez, deu por finalizada a semana da prevención de riscos laborais, acompañado polo presidente da Asociación, Don Jose Elías Mera e Dona Herminia Sampayo, membro da xunta directiva da Asociación.

Representantes das empresas do Polígono San Cibrao, personalidades do mundo das emerxencias (protección civil, bombeiros, 112, 061…) foron convidados a un acto no que se cerraban as actividades realizadas durante as cinco xornadas.

Unha vez rematados todos os actos e co obxectivo de relaxarse e aprender a afrontar as situacións da vida empresarial con sentido do humor, levouse a cabo un seminario de risoterapia no que os asistentes puideron interactuar e amosar o seu lado máis humano.

 

 

 

 

 

 

 

DÍA 4. Simulacro de emerxencias e formación en plans de mobilidade

Ás 10:00 horas comezaba un simulacro de incendio con evacuación de personal e ferido na empresa de Faurecia, situada na estrada 5 do Polígono San Cibrao.

Ao lugar do incidente acudiron persoal de emerxencias do 061 e o servizo de primeira intervención do polígono San Cibrao.

Ás 18:00 horas daba comezo nas instalacións da Asociación de Empresarios, unha xornada informativa sobre cómo redactar un plan de mobilidade nas empresas, onde os asistentes puideron aprender as pautas para a posta en marcha na industria de diferentes accións que redunden en beneficio de todos.

 

 

 

DÍA 3. Simulacro de emerxencias e formación en primeiros auxilios

Ás 10:00 horas daba comezo un simulacro de incendio con evacuación de personal e ferido na empresa de Adolfo Dominguez, situada na estrada 9 do Polígono San Cibrao.

Ao lugar do incidente acudiron persoal de emerxencias do 061 e o servizo de primeira intervención do polígono San Cibrao.

Ás 18:00 horas daba comezo nas instalacións da Asociación de Empresarios, unha xornada informativa sobre cómo actuar ante unha emerxencia, onde os asistentes puideron aprender nocións básicas de primeiros auxilios.

DIA 2. Simulacro de emerxencias e formación en prevención.

Ás 11:30 horas celebrábase en Apetamcor, Asociación de transportistas, situada na estrada 7b do Polígono San Cibrao, un simulacro de incendio con evacuación de personal e ferido atrapado.

Ao lugar do incidente acudiron persoal de emerxencias do 061 e o servizo de primeira intervención do polígono San Cibrao.

Ás 16:00 horas daba comezo un seminario sobre o manexo de extintores e bie´s, os asistentes puideron facer prácticas no uso dos medios de extinción.

DÍA 1. Presentación dos actos.

O responsable da comisión de prevención de riscos laborais da Asociación, Don Jose Manuel González Tizón, presentou as actividades a desenvolver durante a Semana da Prevención de Riscos Laborais, acompañado polo presidente, Don José Elías Mera Martínez e a directora do ISSGA, Dona Adela Quinzá-Torroja.

Nas instalacións levouse a cabo unha excarceración de feridos, tras un accidente de tráfico, coa colaboración dos bombeiros de San Cibrao e o 061.

 

José Manuel González Tizón – Director de RRHH de Faurecia

O ourensán José Manuel González Tizón é director de RRHH de Faurecia, empresa á que chegou aos 33 anos, hai agora dúas décadas. Ademais, Tizón colabora dende hai anos coa Confederación Empresarial de Ourense en labores formativos e como asesor externo en materia de prevención.

En que ano se comeza a falar de prevención e se integra definitivamente no sistema de xestión da súa empresa? Que medidas se levaron a cabo?Dende 1988 existe en Faurecia un cadro de seguridade e hixiene que se foi aplicando con diferentes modificacións e melloras. A estreita relación que mantemos con Citroën fixo que se leve esta evolución de forma exhaustiva. En1995, coa aprobación da Lei, comézanse a aplicar as técnicas de seguridade, pero o labor iníciase en 1988 facendo as fichas dos diferentes postos de traballo. No 97 realízanse diferentes procedementos de seguridade ata que en 2000 se leva a cabo a certificación das máquinas, tarefa na que Faurecia foi pioneira. Dende entón, a tarefa máis importante foi fomentar a cultura preventiva entre os traballadores.

Que inquietudes ou motivacións lle levaron a asumir este posto?Sempre tiven ilusión pola prevención como parte dos departamentos antigamente chamados “de persoal”, nos que traballei, e gozo moito co que fago. O campo da seguridade é algo extremadamente importante, xa que a calidade do traballo realizado depende integramente de diferentes factores, como o estrés, a luz, a temperatura…

Que destacaría das actividades que se realizan na CEO para promover a prevención de riscos laborais? En que se debería traballar nun futuro inmediato?Na CEO déronse sempre pasos de xigante en materia de prevención. Recentemente, hai que destacar a exposición de EPI’s que levaron a cabo debido á súa importancia, o impacto que produciu e a aceptación que tivo. No futuro, hai que seguir traballando para atallar a “incultura preventiva” que aínda sofren nas empresas os que se incorporan ao traballo, promovendo para iso que a cultura preventiva se implante nos centros de ensino.

Cal é a situación actual da prevención na provincia? A prevención foi sempre un tema imposto ao empresario, algo que protexe pero é incómodo. Os empresarios están conformes, pero interprétano como algo máis que deben facer, xa que a Lei está aí e hai que cumprila.

Como considera que se podería actuar na PEME para que adopte as medidas necesarias en prevención de riscos? O principal é non atacar as empresas con sancións e si ofrecerlles ensino e formación. É dicir, hai que reeducar o empresario, non sancionalo. Unha empresa debe ser segura, e o traballador debe cumprir para preocuparse pola súa seguridade e a da empresa.

Que condicións básicas debe cumprir un polígono industrial en materia de prevención de riscos laborais? Debe cumprir unhas condicións mínimas de hixiene, e estar prevido en caso de situación de incendio. En concreto, o de San Cibrao, non é altamente contaminante, e estase a traballar na mellora dos medios preventivos.

Como valora o servizo de primeira intervención posto en marcha pola Asociación de Empresarios deste polígono? Dende a súa posta en marcha foron moitísimos os progresos, e aínda que os medios humanos e materiais sempre son mellorables, avanzaríase moito coa comarcalización do servizo e instalacións propias. Cando arde unha empresa pérdense moitas máis cousas que unha simple nave industrial.

Que consellos exporía, dende o seu cargo, aos empresarios do Polígono? Que se tomen en serio a prevención, xa que ten que ver coas persoas, e o capital humano é o máis importante que teñen as empresas. Os empregados que se senten seguros, están máis motivados e satisfeitos no seu posto, polo que traballarán mellor.

Riscos novos e emerxentes para a seguridade e saúde no traballo

¿Que son Riscos Emerxentes?

Enténdese por risco emerxente calquera risco novo que vai en aumento.

NOVO significa que:

  • Non existía e está causado por novos procesos, tecnoloxías, lugares de traballo, cambios sociais ou organizativos; ou
  • Problema persistente considerado como risco por cambio na percepción social ou pública; ou
  • Factor coñecido que pasa a identificarse como risco por un novo coñecemento científico.

O risco VAI EN AUMENTO cando:

  • Aumenta o número de factores de perigo que producen o risco; ou
  • Aumenta a exposición ao factor de perigo; ou ben
  • Os efectos sobre a saúde dos traballadores empeoran

RELEVANCIA ACTUAL, convértense en “Centro de atención” nos últimos anos motivado pola continua transformación do mundo laboral. (Día Mundial Seguridade e Saúde no Traballo 2010).

¿Por que? A situación da Seguridade e Saúde no Traballo (SST en diante) se está vendo afectada por moitos factores e CAMBIOS PERMANENTES

CAMBIOS en:

Novas Tecnoloxías, Produtos e Procesos, Estruturas de Traballo e Organizativas, Condicións Económicas e Sociais, Mercado de Traballo, Formas de Emprego, Demográficos, Expectativas e Sensibilidades,… NO PERFIL DE RISCO LABORAL NAS EMPRESAS.

Os Riscos Tradicionais estanse a reducir, pero os Riscos Emerxentes van en alza.

Atopámonos nunha NOVA SITUACIÓN que presenta DIFICULTADES como:

  • Riscos pouco estudados e de evolución rápida.
  • Multifactoriais.
  • Manifestación desigual (idade, xénero, etc.)
  • Percepción subxectiva…

Que á súa vez provoca unha transición: Enfermidades específicas e Monocausales a prevalencia multicausal e trastornos a longo prazo: por exemplo as Musculoesqueléticas e Mentais, desencadeando un Desafío Mundial en canto ás Enfermidades Profesionais

Máis DIFICULTADES:

  • Falta de datos. Notificacións
  • Evidencia relación causal (longos períodos de latencia)
  • Causas multifactoriais e hábitos individuais
  • Manifestación desigual e percepción subxectiva
  • Sistemas de Recoñecemento/indemnización variables…

Todo isto precisa de diagnóstico.

Premio Nacional 2012 pola acción destacada en materia preventiva

A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao acaba de ser distinguida por a Revista “Formación de Seguridade Laboral” pola súa acción destacada en materia preventiva. O xurado valorou expresamente o labor desenvolvido na mellora das condicións de traballo, dirixidas a elevar a protección da seguridade e saúde dos traballadores, e a capacidade de estender ao mundo do traballo a cultura da prevención.

Os premios de Seguridade e Saúde Laboral 2012, foron entregados o día 1 de marzo en Madrid, en seis categorías: “Innovación tecnolóxica en EPI e produtos”, “Investigación”, “Formación”, “Xestión de seguridade laboral”, “Organismo, entidade ou institución destacada na prevención de riscos laborais” e “Premio extraordinario do xurado”.

A revista pertence á Editorial Borrmart, especializada en publicacións técnicas de difusión nacional e internacional que tratan diferentes sectores como: talleres, automoción, seguridade e limpeza, onde se informa das novidades e difunden as inquietudes profesionais.

 

Nova aplicación para dispositivos Ipad do Mapa de Riscos

Abrirse cara as novas tecnoloxías, supón para a Asociación de Empresarios un paso prioritario, por elo, pon en marcha novos proxectos dentro do seu gabinete de prevención de riscos, encamiñados cara as tecnoloxías actuais.

Dentro deste contexto creouse unha aplicación para dispositivos Ipad do mapa de riscos. Esta ferramenta suporá facilitar o acceso ao Servizo de Primeira Intervención de San Cibrao para un coñecemento exacto da situación das empresas da zona industrial; a visualización rápida e eficaz dos elementos de risco das empresas; e a rápida elaboración de informes e incidencias.

Ademais esta aplicación permitirá aos servizos de emerxencias fora da nosa zona, como os bombeiros de Ourense e o 112 un coñecemento rápido e eficaz ante calquera perigo ou incidente.

A través dunha interface sinxela e moi intuitiva a nivel visual, poderanse cumprimentar os correspondentes formularios cos datos necesarios para a elaboración posterior dos informes de riscos das diferentes empresas e obter toda a información necesaria en canto a situación dos riscos e emerxencias nas industrias de San Cibrao.