Premio Nacional 2012 pola acción destacada en materia preventiva

A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao acaba de ser distinguida por a Revista “Formación de Seguridade Laboral” pola súa acción destacada en materia preventiva. O xurado valorou expresamente o labor desenvolvido na mellora das condicións de traballo, dirixidas a elevar a protección da seguridade e saúde dos traballadores, e a capacidade de estender ao mundo do traballo a cultura da prevención.

Os premios de Seguridade e Saúde Laboral 2012, foron entregados o día 1 de marzo en Madrid, en seis categorías: “Innovación tecnolóxica en EPI e produtos”, “Investigación”, “Formación”, “Xestión de seguridade laboral”, “Organismo, entidade ou institución destacada na prevención de riscos laborais” e “Premio extraordinario do xurado”.

A revista pertence á Editorial Borrmart, especializada en publicacións técnicas de difusión nacional e internacional que tratan diferentes sectores como: talleres, automoción, seguridade e limpeza, onde se informa das novidades e difunden as inquietudes profesionais.

 

Premio Nacional 28 de abril á prevención de riscos laborais. 2009

A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao foi distinguida pola Fundación para a Prevención de Riscos Laborais pola súa acción informativa e divulgativa en materia preventiva.

O xurado valorou expresamente o labor desenvolvido na mellora das condicións de traballo, dirixidas a elevar a protección da seguridade e saúde dos traballadores, e a capacidade de estender ao mundo do traballo a cultura da prevención.

Os premios, baixo a denominación “28 de abril”, e que foron entregados nun acto durante o mes de xullo do ano 2010, son outorgados anualmente en catro categorías: “Traxectoria profesional”, “Actuación empresarial máis destacada en prevención de riscos laborais”, “Labor informativa e divulgativa” e “Premio especial do xurado”.

A Fundación para a prevención de Riscos Laborais, baixo o protectorado do Ministerio de Traballo e Inmigración, está rexida por un Padroado composto por 76 membros, con representación das Administracións públicas e as principais organizacións empresariais e sindicais españolas.