NOVA EXPOSICIÓN EN PREVISEL

A mañá do martes, 10 de febreiro, inaugurábase o 10º Salón de Seguridade e Prevención de Riscos Laborais, PREVISEL.

Como todos os anos, o gabinete de prevención da Asociación de Empresarios expoñía os proxectos realizados en materia preventiva.

Previsel é un escaparate especializado, onde se presentan produtos e servizos relacionados coa seguridade e saúde laboral. En Expourense, danse cita os expertos do sector co obxectivo de xuntar os seus coñecementos e esforzos en materia de prevención. Unha grande oportunidade para os profesionais do sector pero tamén para empresarios, traballadores, futuros traballadores… co fin de intercambiar experiencias e actualizarse en torno aos últimos avances.

 

SALÓN DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: PREVISEL 2014

A Asociación de Empresarios participaba no mes de abril, no Salón adicado á prevención de riscos laborais: PREVISEL.

Este ano, a asociación contou cun stard informativo das actividades realizadas polo Gabinete de Prevención de Riscos Laborais, entre o que se inclúe o Espazo Seguro, recentemente inaugurado e o Servizo de Primeira Intervención.

A feira prolongouse durante os días 9 e 10 de abril, onde os bombeiros do polígono San Cibrao realizaron unha demostración dunha excarlación de feridos nun accidente de tráfico para todos os asistentes.