VANTAXES DE OHSAS 18001 PARA AS EMPRESAS.

IMPLATACIÓN DAS OHSAS 18001

OHSAS 18001 é unha ferramenta que axuda ás empresas a identificar, priorizar e xestionar a saúde e os riscos laborais como parte das súas prácticas normais de negocio.

A norma permite á empresa concentrarse nos asuntos máis importantes do seu negocio. OHSAS 18001 require que as empresas se comprometan a eliminar ou minimizar riscos para os empregados e a outras partes interesadas que puidesen estar expostas a perigos asociados coas súas actividades, así como a mellorar de forma continuada como parte do ciclo de xestión normal.

A especificación OHSAS (Occupational Health and Safety Assessment Series) naceu para dar resposta ás diferentes iniciativas que estaban a xurdir no mercado e que requirían un documento de recoñecido prestixio mundial que permitise ás organizacións deseñar, avaliar e certificar os seus sistemas de xestión da seguridade e saúde no traballo.

A norma baséase no coñecido ciclo de sistemas de xestión de planificar-desenvolver-comprobar-actuar (PDCA) e utiliza unha linguaxe e unha terminoloxía familiar propia dos sistemas de xestión. O sistema de prevención faise compatible cos creados pola Norma ISO 9001 e a ISO 14001 para a xestión da calidade e a xestión do medio.

A norma OHSAS 18001 é de carácter voluntario, non obstante, presenta a vantaxe de asegurar o cumprimento obrigatorio da lexislación en materia de prevención, ademais doutras vantaxes competitivas. A norma cobre as seguintes áreas básicas: identificación de ameazas avaliación de riscos e establecemento de controis, requisitos legais, recursos-cargos-responsabilidade-deber-autoridade, comunicación participación e consultoría, preparación e resposta ante emerxencias, medición da actuación, seguimento e mellora.

Entre as vantaxes da implantación de OHSAS 18001 por parte das empresas atopa unha mellora continua dos niveis xerárquicos e organizativos, potencia a motivación dos traballadores, diminúe os incidentes e accidentes laborais e moi importante, permite cumprir e demostrar que se cumpre coa legalidade, ademais poténciase a imaxe da empresa de cara aos clientes, demostrando por parte desta un compromiso coa Seguridade e Saúde dos traballadores.

Nos últimos dous anos, a demanda e certificación de acordo con OHSAS 18001 experimentou un notable crecemento. A OHSAS 18001:2007 non é a medicina que curará todos os problemas de Seguridade e Saúde nunha empresa pero se proporcionará un mellor ámbito laboral e unha mellora continua a través dun sistema de xestión completo.