A SEMANA DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

O pasado 22 de outubro daba comezo nas instalacións da Asociación de Empresarios, a celebración da Semana da Prevención de Riscos Laborais.

Ó longo desta semana fóronse poñendo de manifesto distintas variables da loita contra a siniestralidade e mesmo dende a Asociación se amosaron novas iniciativas para mellorar a capacidade, algunhas incorporando a tecnoloxía de vangarda; outras irán destinadas a profundizar no coñecemento do funcionamento interno das empresas en materia de riscos laborais e os sistemas para facerlles frente, co obxectivo de buscar as mellores solucións. É un eido no que perseveraremos sen concesións, pois como ben reza o eslogan desa campaña, trátase de conseguir non só cero accidentes, senon chegar ata os cero incidentes.

 

DÍA 5. Clausura dos actos da Semana da Prevención de Riscos Laborais

Ás 16:00 horas daba comezo un seminario con unha hora de duración sobre os riscos psicosociais, os asistentes coñeceron o xeito de previr estes riscos e a súa valoración nos plans de emerxencias.

Unha hora máis tarde, comezaba no salón de actos, unha mesa redonda sobre o absentismo laboral, composta por:

 

Moderador: Lalo Pavón.

Representante Empresarios: José Manuel González Tizón.

 

Mutua Universal: Pablo Espinosa Medina.

 

Inspección Médica: Julio César Pérez Vázquez.

 

Representante Sindicatos: Anxo Pérez Carballo.

 

Os asistentes puideron coñecer a experiencia no campo do absentismo, dende catro diferentes puntos de vista, onde cada membro da mesa, puido defender a súa opinión.

 

Ao acto acudiron diferentes personalidades do mundo empresarial, administración pública e das emerxencias.

Unha vez finalizada a mesa redonda, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Don Rogelio Martinez, deu por finalizada a semana da prevención de riscos laborais, acompañado polo presidente da Asociación, Don Jose Elías Mera e Dona Herminia Sampayo, membro da xunta directiva da Asociación.

Representantes das empresas do Polígono San Cibrao, personalidades do mundo das emerxencias (protección civil, bombeiros, 112, 061…) foron convidados a un acto no que se cerraban as actividades realizadas durante as cinco xornadas.

Unha vez rematados todos os actos e co obxectivo de relaxarse e aprender a afrontar as situacións da vida empresarial con sentido do humor, levouse a cabo un seminario de risoterapia no que os asistentes puideron interactuar e amosar o seu lado máis humano.

 

 

 

 

 

 

 

DÍA 4. Simulacro de emerxencias e formación en plans de mobilidade

Ás 10:00 horas comezaba un simulacro de incendio con evacuación de personal e ferido na empresa de Faurecia, situada na estrada 5 do Polígono San Cibrao.

Ao lugar do incidente acudiron persoal de emerxencias do 061 e o servizo de primeira intervención do polígono San Cibrao.

Ás 18:00 horas daba comezo nas instalacións da Asociación de Empresarios, unha xornada informativa sobre cómo redactar un plan de mobilidade nas empresas, onde os asistentes puideron aprender as pautas para a posta en marcha na industria de diferentes accións que redunden en beneficio de todos.

 

 

 

DÍA 3. Simulacro de emerxencias e formación en primeiros auxilios

Ás 10:00 horas daba comezo un simulacro de incendio con evacuación de personal e ferido na empresa de Adolfo Dominguez, situada na estrada 9 do Polígono San Cibrao.

Ao lugar do incidente acudiron persoal de emerxencias do 061 e o servizo de primeira intervención do polígono San Cibrao.

Ás 18:00 horas daba comezo nas instalacións da Asociación de Empresarios, unha xornada informativa sobre cómo actuar ante unha emerxencia, onde os asistentes puideron aprender nocións básicas de primeiros auxilios.

DIA 2. Simulacro de emerxencias e formación en prevención.

Ás 11:30 horas celebrábase en Apetamcor, Asociación de transportistas, situada na estrada 7b do Polígono San Cibrao, un simulacro de incendio con evacuación de personal e ferido atrapado.

Ao lugar do incidente acudiron persoal de emerxencias do 061 e o servizo de primeira intervención do polígono San Cibrao.

Ás 16:00 horas daba comezo un seminario sobre o manexo de extintores e bie´s, os asistentes puideron facer prácticas no uso dos medios de extinción.

DÍA 1. Presentación dos actos.

O responsable da comisión de prevención de riscos laborais da Asociación, Don Jose Manuel González Tizón, presentou as actividades a desenvolver durante a Semana da Prevención de Riscos Laborais, acompañado polo presidente, Don José Elías Mera Martínez e a directora do ISSGA, Dona Adela Quinzá-Torroja.

Nas instalacións levouse a cabo unha excarceración de feridos, tras un accidente de tráfico, coa colaboración dos bombeiros de San Cibrao e o 061.